Coñeces a hydn? Se a resposta é que non, non te perdas a esta creadora de dark pop

SANTIAGO DE COMPOSTELA // GALICIA

Sandra Guedev (hydn) é o proxecto musical en solitario da ex-integrante da banda Inland Valley. Hydn xa conta con dous temas no mercado. O primeiro, «Drowning Fire», estreado o pasado 22 de febreiro. Hai apenas tres semanas publicaba tamén «Firetouched», que continúa a liña iniciada co seu primeiro traballo en solitario.

Guedev define o seu proxecto como «dark pop» en «galenglish». No programa Luar, emitido o pasado venres na Televisión de Galicia, afirmou subirse a este barco para «encher un baleiro» que existía no noso panorama musical.

Todas escoitamos música que mestura idiomas, especialmente español con inglés. Por que non facer cancións dese estilo [dark pop] en galego e inglés?

Sandra Guedev (Hydn) en Luar (TVG)

Despunta en Luar

Sen dúbida, a súa foi unha das actuacións desa noite. Quizais por escapar á tónica dominante dese programa, pero definitivamente contaba cunha personalidade tremendamente marcada. Unha coreografía estudada e unha posta en escena baseada no seu videoclip que deu o «campanazo» o pasado venres.

Definitivamente a carreira desta artista que se acaba de instaurar na industria musical galega non é para perder. O seu estilo e a súa carisma son quen de encher calquera escenario.

Deja un comentario